CONSELLOS

 MEDIDAS PARA PREVIR E DENUNCIAR O ACOSO

 

Consellos para previr o ciberacoso: 


  1. Mantente  ao día coa configuración da privacidade nas redes sociais que usas, pois actualízanse constantemente. Mantén restrinxida a maior cantidade de información a aqueles nos que confías. 

  2. Non proporciones o teu correo electrónico ou número de teléfono a descoñecidos. Nunca se sabe quen podería ter aceso á información do teu contacto, non podes confiar en todos os que son “amigos” ou “seguidores”. 

  3. Non envíes imaxes ou vídeos inapropiados.  

  4. Consulta o teu nome en Google. Sempre debes saber o que se di de ti en liña. 

  5. Non aceptes solicitudes de amizade de extraños. Se non coñeces á persoa que cha enviou, ignóraa. 

  6. Usa os controis de búsqueda nas redes. Desactiva as opcións de búsqueda en certas redes sociais para evitar que alguén che busque o che envíe unha mensaxe.

  7. Mantén a túa información protexida. Se usas unha computadora pública, asegúrate de cerrar a sesión en calquera rede social ou portal no que te atopes cando te separes desa computadora, incluso por un minuto. De feito, faino tamén nos teus outros dispositivos portátiles se existe a posibilidade de que alguén use a túa conta para ser gracioso.

  8. Sé escéptico nas conversacións en liña. Incluso entre as personas nas que confías, é arriscado revelar demasiada información.

     


    Como denunciar o ciberacoso:

    1. Se somos vítimas dalgunha destas condutas, o procedente é recabar e conservar toda a información que teñamos como proba: chats, rexistros telefónicos, historiales de internet.  anuncios en webs, posts… 

    2. Debemos denunciar os feitos ante a policía.

    3. Podemos bloquear ao usuario denunciado e reportar a súa actividade aos distintos servicios de internet que utilice (redes sociais, portales web…) se incumple os seus términos legais.

    4. No caso de tratarse de acoso ou ciberacoso no ámbito escolar, comunicalo ao centro educativo. Actualmente, todos dispoñen de protocolos establecidos ao efecto para actuar na súa área de competencia.

    5. Se estamos sufrindo ciberacoso e detectamos ou creemos detectar ao ciberacosador espiándonos ou vixiándonos físicamente, debemos chamar inmediatamente ao 091, comunicando as nosas sospeitas e aportando os datos necesarios para que algunha patrulla poida proceder  á identificación desta persoa e actuar en consecuencia.

     


     

     

     

     

     

     

Comentarios